Sargent House | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 2006 |
País | Estados Unidos de América |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sargent House é unha compañía de xestión e selo discográfico estadounidense baseado nos Ánxeles. A empresa foi fundada en xuño de 2006 por Cathy Pellow,[1] que é unha comisario de vídeos musicais para Atlantic Records[2] e tamén posúe unha produtora de vídeo chamada Refused TV. Pellow comezou representando ao grupo de rock RX Bandits en 2006.[2] A banda necesitaba editar o seu novo álbum, ...And the Battle Begun, polo que Pellow decidiu crear o seu propio selo, tamén coa idea de poder facer cousas distintas ao modelo tradicional das discográficas. Dende ese momento Pellow continuou representando bandas e editando discos, todo baixo a marca de Sargent House.
Cronoloxicamente dende cando Pellow comezou a traballar con eles, Sargent House representa a RX Bandits, These Arms Are Snakes, Maps & Atlases, Russian Circles, Tera Melos, Fang Island, Daughters, Red Sparowes, Good Old War, Native, This Town Needs Guns, Bygones, Lisa Papineau, Big Sir, Cast Spells, Zechs Marquise, Zach Hill, Le Butcherettes, Adebisi Shank, Hella, And So I Watch You From Afar e Helms Alee. Ademais, Pellow tamén axudou ao selo Rodriguez Lopez Productions, fundado polo guitarrista de The Mars Volta e At the Drive-In Omar Rodríguez-López.